Descripción
Que casualidade que o único cuarto da casa que non ten fiestra cara á rúa sexa o de Cecilia! Xa que logo, nunha parede ten colgado un cadro sobre unha xanela que pintou o seu avó. Tampouco lle van ben os estudos. Menos mal que coñeceu unha nova veciña, unha fotógrafa, coa que aprenderá un monte de cousas, dende o que é un cuarto escuro ata un modo diferente de vivir.