Descripción
No parque íase celebrar o Carnaval. Todos os animais estaban emocionados ao saberen que celebrarían unha festa de disfraces. Todos agás o rinoceronte, que lles dixo que non iría.
—O rinoceronte non pode perder a festa —dixeron—. Será moi divertida!
Terían que facer algo…
O apoderamento é a capacidade de lograr unha transformación ante unha situación de vulnerabilidade e, nalgunhas ocasións, é necesaria para facerlle fronte aos costumes e á maneira habitual de se relacionar co contorno. O poder de decisión e o valor son esenciais para conseguir o cambio.