Descripción
Mónica Inés Varela Gestoso agasállanos con máis dunha trintena de poemas, de soños, nos que o propio título convida á lectura. «Ollos que soñan», «Soños de inverno», «Soños do Ceo», «Soños do mar»…, para rematar cun delicioso «Cantar para durmir», no que a autora convida docemente aos meniños a abrazar un sono reparador soñando co sol. «Soños de nenos» foi galardoado co Premio Arume de Poesía.