Descripción
«Se che pica un mosquito» é un divertimento que, a partir dun pequeno percance cotiá, invita os prelectores e os primeiros lectores a probar un atípico remedio para as molestias dunha picadura. Saltar, facer acenos, xogar e compartir bos momentos en agradable compañía son algunhas das contrastadas recomendacións de Jordi Gastó e Christian Inaraja.