Descripción
Ana é a protagonista desta historia, na que nos explica como recoñeceu e aprendeu que cando estamos tristes levamos un saco de area ás costas, pero que co tempo este saco desaparece. Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da túa educación ensínanche a comer ben, coidar o teu corpo, ler, escribir e moitas outras cousas. Pero ás veces están tan preocupados porque aprendas tanto e teñas boas notas que lles esquece aprenderche como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade (ou non é certo que es máis feliz cando estás con ese amigo ou esa amiga coa que falas dos problemas que tedes en vez de rifar?). Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir «quérote», «estou triste» ou «síntoo»); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable. Ao final do conto encontrarás unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.