Descripción
Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou a miña atención, non tanto por ter salvado os animaliños, aínda que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de que cada un de nós acepte a súa diferenza e de ser aceptados como somos.