Descripción
O Xigante do pantano vive só, no fondo dun lameiro escuro. É un mangallón que ten os dentes negros e as uñas roídas, un comedor de nenos pegañento, cuberto de musgo verde e de cogomelos azuis. Cando chove, atrapa os nenos que chapuzan nos charcos e cómelles os pés.