Descripción
O PIRATA BRAIS E TAN FEROZ QUE NINGUEN SE ATREVE A LEVANTARLLE A VOZ. CANDO SE BOTA AO MAR BRAVO, OS DEMAIS PIRATAS TREMELICAN DECONTADO… Que sucede cando un feroz pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en plena aventura, a súa nai chámao para que vaia merendar? A ilimitada capacidade do maxín infantil para que calquera obxecto sexa un elemento de xogo e de goce está presente neste libro do tándem creativo formado por Ricardo Alcántara e Gusti. “O pirata valente” cumpre 30 anos estimulando a fantasía coas divertidas rimas dunha trepidante peripecia que, sen saír da casa, invita a sucar os mares facendo abordaxes e buscando tesouros.