Descripción
Ela é explosiva: está cheíña de enerxía e non para un segundo! El é tímido e non lle gusta a acción, mais é un gran observador. A través das expresivas ilustracións de Lucía Serrano, coñecemos un meniño e unha meniña que non se parecen absolutamente en nada. Ambos son intelixentes e divertidos, mais de xeitos tan diferentes… Que pasaría se se fixesen amigos?
En A meniña furacán e o meniño esponxa, Ilan Brenman demóstranos con humor que as diferenzas entre as persoas non nos afastan, senón que nos enriquecen.