Descripción
Matilda e o seu pai son MOI diferentes. Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. Ela gosta do silencio e el é un tanto rebuldeiro.
Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda.
Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?
O novo libro da eloxiada LIZZY STEWART, autora do afamado libro
«Hai un tigre no xardín»