Descripción
O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas. Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase para a historia: –Non será esta a mazá envelenada de Brancaneves?