Inventario ilustrado de insectos

Autor: Aladjidi, Virginie

Editorial: Faktoría K de Libros

Colección: Ciencia - Animais extraordinarios

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

17,00 

EAN: 9788415250913 Categorías: , , ,

Descripción

“Inventario ilustrado de insectos” reúne 65 especies de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros… Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogado un millón de tipos de insectos, calculan que a cifra real está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo, son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización das flores e son o sustento doutros animais. As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernos de campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e as transparencias.