Inventario ilustrado de froitas e verduras

Autor: Aladjidi, Virginie

Editorial: Faktoría K de Libros

Colección: Ciencia

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

18,00 

EAN: 9788416721412 Categorías: , ,

Descripción

“Inventario ilustrado de froitas e verduras” reúne un cento de deliciosos e nutritivos bocados: plantas comestibles que se poden tomar crúas ou cociñadas. Froitos, talos, bulbos, raíces, sementes, follas, flores… mesmo produtos -como tés, cafés, marmeladas ou chocolates- que se obteñen a partir das materias primas. Tampouco faltan especias, fungos e algas. Hainos comúns como as uvas ou as patacas, exóticos como a carambola, ou con nomes tan rechamante como pan de cabra. Esta obra, baixo a supervisión científica da doutora enxeñeira agrónoma Paule Lacroix, permite distinguir entre o concepto botánico da planta e o termo culinario relativo á súa elaboración para o consumo humano. E sobre todo, contribúe a poñer en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.