Historia das mulleres galegas

Autor: Carreiro, Pepe

Editorial: Baía Edicións A Coruña. S.L.

Colección: Infantil-Xuvenil

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

11,50 

EAN: 9788499951270 Categorías: ,

Descripción

Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza. En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas «parellas sentimentais» no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5… E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5. A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por Mª Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo fiminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre.