Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade

Autor: Cajaraville, Héctor

Editorial: Edicións Xerais

Colección: INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante

Idioma: Galego

Formato: Libro de cartón

12,50 

Descripción

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector… E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas Saudade e Vieiros. Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.

LETRAS GALEGAS 2022