Descripción
As autoras, tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos, escriben en 2018 este manifesto no espírito dos milleiros de mobilizacións feministas. Manifestacións que reinventaron a folga ao faceren paros non só de traballo remunerado, senón tamén de traballo sociorreprodutivo non-remunerado. Unha obra que vai acompañada dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.