Descripción
A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir. Non hai nada que se resista aos recursos e ao enxeño de Carlota e do seu axudante Xoán. Ou si? Porque sempre hai problemas máis difíciles de solucionar ca outros…