Descripción
Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes. Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia! Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vida fóra da súa mansión con sete cuartos de baño, jacuzzi e vistas ao mar é moito máis dura do que el cheiraba…