Descripción
«Brian, o Chinés» (Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas) é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia. Durante este tempo, Brian vai sentíndose parte dun grupo –formado por amigos, mestres, familia…– no que se sinte cómodo e co que vive grandes experiencias. Pero este percorrido non sempre é doado, ás veces debe enfrontarse a situacións problemáticas que van cambiar o rumbo dos seus días. Atrapa dende a primeira páxina.