Descripción
Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos que bota de menos Galicia, sobre todo as súas avoas. Todo comeza o día do seu décimo aniversario cando recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen e Anja, Sabine loitará non só pola súa identidade, senón tamén pola vida, cun conxunto de fortalezas que non sabía que tiña dentro. Fran Fernández Davila retorna cunha novela de aventuras e fantasía ambientada na cidade de ‘s-Hertogenbosch, que nace da maxia das experiencias vividas alí polo autor. Unha novela para todas as idades e influída por historias como Momo e Os Goonies, unha chiscadela ás infancias dos anos oitenta.