Descripción
Amencía no bosque. Papá Marmota ergueuse e foi espertar á pequena Moti; pero na cama da súa filla só asomaban as orellas longas de Teo, o coelliño… Cando as familias do bosque se decatan de que as súas crianzas aparecen polas mañás noutros fogares, preocúpanse e saen ao bosque para investigar, en plena noite. Con grande asombro descobren que algo moi estraño está a acontecer… Estrutura narrativa atractiva e armada con altas doses de misterio e suspense que desemboca nun final inesperado, xogando coa sorpresa fronte ao perfil clásico do lobo, personaxe principal da historia.