Descripción
De mañá, ben cedo, o señor Luís cavou un burato enorme na terra. Neste burato enorme o señor Luís deixou caer un granciño cheo de promesas. Despois, o señor Luís volveu tapar o enorme burato e saltou enriba del con todas as súas forzas para pisar a terra. Despois, o señor Luís regou ben a terra coa súa regadeira. O protagonista deste relato sementa algo na terra. Agarda un día tras outro, baixo a expectante mirada dun paxaro, co desexo de ver crecer a flor que nacería dun granciño. Aínda nada?, preguntábase cada mañá, ao ver que da semente non daba agromado ningunha pranta, ata que un bo día…