Descripción
XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
Unha pequena raposa queda soa na tobeira e pese á advertencia da súa nai de non abrirlle a porta a ninguén, deixa entrar a unha visita sorprendente: o Silencio. Tras uns instantes de desconfianza e medo aprenderá xunto ao seu invitado que non se necesita música para bailar, xa que os latexos do teu propio corazón marcan o ritmo. Ou que esa voz interna que precisa de quietude para ser oída son os teus propios pensamentos.
Un álbum delicioso que anima a gozar da soidade e o silencio. Unha proposta orixinal e necesaria nunha sociedade saturada de ruído e contaminación sonora.