A nena lectora

Autor: Rivas, Manuel

Editorial: Edicións Xerais

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

15,95 

EAN: 9788411100014 Categorías: ,

Descripción

«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: »Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica. Ti farás que soñemos mentres traballamos.» Agora ese ía ser o meu oficio. O de nena lectora.»

Entre finais do século XIX e comezos do XX a cidade da Coruña foi faro do pensamento libertario en Galicia. Os ateneos e as bibliotecas de barrio eran a porta de acceso á cultura das clases populares, a solidariedade obreira floreceu. Nas fábricas de tabacos e de mistos as traballadoras organizáronse para mellorar as súas condicións de vida. A lectura dentro das fábricas é o símbolo poderoso deste movemento de esperanza que se viu truncado a partir de 1936.

A nena lectora é o segundo título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.