Descripción
Viaxo feliz dentro desta nave. TUM-TUM…TUM-TUM…É o son dos motores.Vivo na escuridade. Sinto o movemento.Oio ruídos, rumores. Ás veces TUM-TUM…Ás veces RAS-RAS…Esta é unha historia do comezo da vida humana narrada en primeira persoa por un bebé no ventre materno, que viaxa dentro do que el percibe como unha cápsula na cal percorre un universo descoñecido. Proposta onírica e poética, onde o lector acompaña o bebé, facendo súa esa viaxe de transformación, de procura da súa identidade.