A memoria da árbore

Autor: Vallès, Tina

Editorial: Faktoría K de Libros

Colección: Narrativa K

Idioma: Galego

17,00 

EAN: 9788416721405 Categorías: ,

Descripción

«Son coma dúas pingas de auga», di o avó cando miña nai e mais a avoa discuten. «Non discutimos, nós sempre falamos así», responden ambas se llelo botas na cara. E o mellor que podes facer é deixalas soas. Que son coma dúas pingas de auga quere dicir, ben sei, que son iguais, díxome meu avó e, deseguido, foise para o despacho dos meus pais e volveu cun álbum poeirento para ensinarme unhas fotos de cando a avoa tiña a idade de mamá: –Son clons! –dixen. Desde ese día, miña nai e mais a avoa son as cloniñas. Elas non o saben, é que meu avó e mais eu temos algúns segredos… «Podo poñerme contento?», pregunta Jan cando lle contan que o avó Joan e a avoa Caterina van ir vivir con el e cos seus pais. Porque Jan intúe que algo pasa, que o feito de seren cinco na casa non é tan boa noticia. Será un cambio que vai alterar o día a día de toda a familia; a partir dese momento, as palabras e os silencios terán novos matices na vida cotiá. Pero o rapaz ten o seu propio mundo, cheo de paseos, árbores e letras.