Descripción
“A historia do touro Ferdinando” é unha alegoría pacifista e antibelicista moi estimada en numerosos países, e da que se fixeron máis de 60 traducións. Recomendado en Rusia e na India, onde foi o libro preferido de Gandhi, Hitler ordenou a súa queima na Alemaña nazi e en España foi prohibido por consideralo unha crítica contra a Guerra Civil. KALANDRAKA recupera a primeira versión en branco e negro deste clásico -aínda tan vixente- que data de 1936. A historia presenta un Ferdinando sensible que, fronte á bravura doutros touros, prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores.