Descripción
Se queres descubrir como se apaña Selana entre o colexio e os seus estudos de maxia xa podes ler ‘A bruxa Selana’, unha divertidísima historia de Xabier Domínguez e de Alba De Evan, ilustrada por Laura Cortés.
A bruxa Selana vive en Escaravalleira, onde pasa o tempo entre o colexio, os seus amigos e os estudos máxicos. Pero non todo o mundo ve con bos ollos a maxia e, cando o seu compañeiro Saúl séguea en segredo, un accidente durante a creación dunha apócema desencadea un perigoso enredo. Para tentar solucionalo Selana contará coa axuda da gran avoa Emelina, e mesmo da Santa Compaña!
Conseguirá reverter o feitizo?