Elucidacións na sombra

Autor: Castelao Mexuto, Manuel

Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

Colección: Ensaio

Idioma: Galego

Formato: Rústica

19,95 

EAN: 9788484874546 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión cinematográfico prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”. Iso orienta o noso esforzo de análise e interpretación d’A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen, a súa incardinación na historia da cultura e o non ben recoñecido oficio teatral do autor, até o punto de a primeira das obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentío escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegas non conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, nin poderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuará a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, permanecerá inesquecido, inesquecíbel