Descripción
Unha mamá é coma unha canción, unha mamá é coma un trebón, unha mamá é coma unha fonte… Acompaña un bebé e a súa mamá dende o nacemento ata os primeiros pasos.
Un canto á dozura e ao amor. Un libro conmovedor de principio a fin no cal Aurore Petit nos lembra que unha mamá é todo iso e máis, pero que, sobre todo, unha mamá é coma unha casa que levas contigo para sempre.