Descripción
“Os esqueletos divertidos” é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.