Descripción
Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.