Descripción
…Pasaron os anos e comprobei que hai moitos máis perigos dos que un pode imaxinar. Bechos que nos espreitan, animais que nos vixían sen que nos decatemos da súa ollada. Non sabemos das súas intencións, mais a súa silandeira presenza desacóuganos. Con moita paciencia e bo ollo, póñovos en antecedentes duns poucos animais que descubrín logo de moitas noites en vela… O abrenoites, o metrocol, o tibulatas, a bolbopecha… Por terra, mar e aire, estes singulares animais sorprenderán o lector, animándoo a contemplar os trebellos da súa contorna con outro punto de vista, porque nada é o que parece.