Descripción
Poema visual recitable a base de debuxos rimados e ritmados. A lúa e o sol, tan afastados e próximos, dispóñense coma versos e retrouso no espazo dunha páxina. A colección ?Do berce á lúa? está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar o oído? do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.