Descripción
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. » Misión Barcelona » leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.