Descripción
Todos os días Diona víñame buscar ao saír da escola e levábame a súa casa (…) Ao principio, a súa casa non me gustaba (…) Pero, pouco a pouco, empezouse a encher, porque, cada día, Diona chegaba con algo novo. Con este álbum, OQO editora amplía a súa colección Qontextos e dá mostras, unha vez máis, do seu compromiso con temas sociais pouco habituais na literatura infantil. Neste caso, aborda un trastorno do comportamento, a síndrome de Dióxenes.