Descripción
Hoxe é domingo. Estamos todos na casa. Despois de comer imos durmir a sesta. O noso protagonista quere durmir, pero os ruídos cotiáns non lle deixan. Escoita o zzz-zzz-zzz! dos ronquidos da súa nai; o clin-clin-clin! da avoa batendo ovos… Este relato incide na importancia de respectar as horas de sono dos máis pequenos e concede, sobre todo, un papel relevante ao sentido do oído para ir coñecendo cada día un pouco máis o mundo que nos rodea.