Descripción
Despois de almorzar, fregar a louza e cepillar o único dente que lle quedaba saíu coma un foguete cara á pía que había no patio da súa casa. Lulula decide lavar a roupa e colgala a secar no patio, a pesar do agoiro de tormenta. A protagonista deste conto representa a esas mulleres de idade que non se renden e están cheas de enerxía. Divertido relato acumulativo no que a través do xogo e a adiviña se resolve que o importante non é oír, senón saber escoitar e sobre todo mirar.