Descripción
Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobre unha viaxe planificada desde hai moito tempo a un lugar moi especial. É unha celebración da aventura, a natureza e un vínculo especial entre un avó e o seu neto. Este libro explora sen moralismos a necesidade de protexermos e preservarmos os espazos salvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustracións impactantes cheas de cores e texturas rechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilla das vastas paisaxes naturais.