Descripción
O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En realidade é un inventor de avanzada idade que espera topar o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lise e o seu peculiar amigo Bulle para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo, parece que o seu soño se vai facer realidade. Pero os xemelgos Truls e Trym tentarán facerlles a vida imposible.
Esta é unha historia de humor e aventuras, que fala da importancia de ser un mesmo e de como conseguir coraxe a través da imaxinación.