Descripción
Estas historias son tomadas do pobo, referidas a mouros, encantamentos, tesouros e cidades asolagadas. A súa riqueza é ben representativa do mundo rural tradicional. Estas lendas non piden do lector un enfoque meramente literario, senón que deben ser apreciadas como a expresión simbólica dunha cosmovisión fraguada ó longo dos séculos. Xosé Manuel González Reboredo (Lugo, 1946) desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da etnografía e a antropoloxía cultural. Discípulo de Fermín Bouza Brey, está vencellado ao Museo do Pobo Galego e á sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Foi o coordenador da obra Galicia Antropoloxía (1997) e autor da Guía de festas populares de Galicia e da biografía Vida e obra de Xaquín Lorenzo (2004).