As mellores tendas de Madrid

Autor: Veiga Taboada, Manuel

Editorial: Edicións Xerais

Idioma: Galego

Formato: Rústica

19,50 

EAN: 9788491218005 Categorías: ,

Descripción

«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria deste, Vanessa (con dous eses); e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras, pero nalgunha delas, talvez en Mónica, habita unha certa rebeldía. Manuel Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía.