Descripción
Andando polo camiño, con cacahuetes e uvas, xa chega mamá elefanta xunto á elefantiña: UNHA … “Polo camiño” é un poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais -dende elefantes a ratos, bechos e osos- que marchan ao ritmo dos versos octosílabos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.